Friday 17 de May de 2024

O concello de Ribeira aspira a que entre 13.000 e 15.000 persoas se descarguen a súa nova app institucional nos seus teléfonos móviles


Sobre a base da experiencia vivida durante o período de confinamento cos serios prexuízos ocasionados ao comercio local, o Concello de Ribeira presentou na noite pasada no Auditorio a nova app institucional que está acabando de deseñar e que incluirá entre os seus contidos unha sección de venta online para que os negocios de todo o municipio dispoñan gratuítamente dunha ferramenta para poder ofrecer os seus produtos e servizos por Internet e gañar en competitividade e visualización.
O alcalde Manuel Ruiz e os concelleiros de Innovación Tecnolóxica e de Turismo e Comercio, Ana Barreiro e Ramón Doval, participaron neste acto no que o rexedor municipal recordou que esta é unha das iniciativas enmarcadas no Plan Reactiva Ribeira asinado no pasado maio.
A persoa encargada de explicar o proxecto tecnolóxico foi Edelmiro Justo, cofundador de TokApp, empresa con sede en Vigo e presenza en dez países que se está a encargar do seu desenvolvemento: un traballo que se leva realizando dende o pasado outubro. Burofax
Así, por un lado, aqueles que se descarguen a aplicación disporán dunha intuitiva ferramenta para comunicarse coa administración ribeirense e realizar todo tipo de xestións cos distintos servizos do
Concello. Unha das súas principais virtudes neste sentido é que as s Ias comunicacións terán a mesma validez legal que os burofax, cumprindo coas normas de seguridade e privacidade esixidas.
Pero ademais, a app estará vinculada a unha potente e versátil plataforma de comercio electrónico na que os comerciantes poderán poñer á venta os seus produtos ou lanzar ofertas específicas e
realizar campañas de promoción, ademais de conferir a posibilidade de formalizar unha cita previa no caso, por exemplo, dunha perruquería, ou reservar unha mesa na dun restaurante, entre outras
moitas opcións. Poderanse facer buscas por sectores, tendas ou servizos e tamén se brindará a alternativa de buscar por negocios máis cercanos á situación actual do usuario. A plataforma poderá vincularse coas páxinas web propias dos negocios, se é que a teñen.
TokApp xa ten presenza no municipio pois o colexio Bayón e o conservatorio Enrique Paisal contan con cadansúas aplicacións desenvolvidas por esta empresa, como tamén a Fegamp ou o Concello de Pontevedra: unha cidade na que a súa app institucional conta xa con 40.000 descargas para unha poboación de 83.000 habitantes.
Ruiz Rivas manifestou que o propósito do Concello é que entre 13.000 e 15.000 persoas se descarguen a app ribeirense (non só veciños, tamén visitantes e habitantes doutros municipios da comarca), o que se traduce entre 13.000 e 15.000 potenciais clientes para os comercios que se adhiran á mesma. En dúas ou tres semanas estará finalizada e a intención é contratar a un equipo formativo para axudar aos negocios que así o desexen a que poidan darse de alta e aprender a utilizar a plataforma de venta online. Todo
de forma gratuíta. O alcalde avanzou que nunha próxima fase tamén se pretende
renovar a páxina web municipal e o apartado específico dedicado ao turismo.